O CONCELLO DE VILARIÑO DE CONSO OFERTA 3 POSTOS DE PIÓN
Trátase dun concurso oposición para contratos de 3 meses de duración
O concello de Vilariño de Conso publica no BOP do mércores 10 de maio que mediante resolución da alcaldía, do día 8 de maio de 2023, acordou convocar e aprobar as bases reguladoras para a contratación de persoal laboral temporal que se indica:
a) Número e denominación das prazas: 3 pións/pioas de servizos varios.
b) Modalidade da contratación: contrato laboral temporal.
c) Duración do contrato: 3 meses.
d) Sistema de selección: concurso- oposición.
e) Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Vilariño de Conso ou segundo os medios previstos nas bases reguladoras.
f) O texto completo das bases reguladoras publicaranse no taboleiro de anuncios do concello:
https://vilarinodeconso.sedelectronica.gal/
g) As contratacións están financiadas a través do Programa de cooperación en materia de empregabilidade para o exercicio de 2023 da Deputación Provincial de Ourense.