Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE VILARIÑO DE CONSO BUSCA UN/HA PSICOLOGO/A, UN/HA EDUCADOR/A SOCIAL E UN/HA LOGOPEDA

15 Xun 2020

Ofertan contratos de catro meses de duración

O concello de Vilariño de Conso, mediante resolución da alcaldía, con data 10 de xuño de 2020, acordou convocar e aprobar as bases reguladoras para a contratación de persoal laboral temporal que se indica:

a) Número e denominación das prazas: un psicólogo/a, un educador/a social e un logopeda para o servizo de atención temperá da agrupación de concellos de Vilariño de Conso, Riós e A Gudiña.

b) Modalidade da contratación: contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado a xornada completa.

c) Duración do contrato: 4 meses.

d) Sistema de selección: concurso

e) Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Vilariño de Conso ou segundo os medios previstos nas bases reguladoras.

f) O texto completo das bases reguladoras publicarase no taboleiro de anuncios do concello.

g) As contratacións están financiadas a través da axuda outorgadapola consellaría de Política Social ao abeiro da Orde do 19 de decembro de 2019, para o servizo de atención temperá (nenos de 0 a 6).

Volver