Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE VILARIÑO DE CONSO BUSCA UN/HA AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL

05 Abr 2021

Ofertan un contrato de interinidade

O concello de Vilariño de Conso fai público no BOP do 5 de abril que, mediante resolución da alcaldía, con data 30 de marzo de 2021, acordou convocar e aprobar as bases reguladoras para a contratación de persoal laboral temporal, mediante interinidade, que se indica:
a) Número e denominación das prazas: un/unha axente de emprego e desenvolvemento local.
b) Modalidade da contratación: contrato laboral temporal, interinidade (até a reincorporación da titular).
c) Xornada: completa.
d) Duración do contrato: interinidade (deica a reincorporación da titular).
e) Sistema de selección: concurso- oposición. Creación de bolsa de contratación.
f) Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do Concello de Vilariño de Conso ou segundo os medios previstos nas bases reguladoras.
g) O texto completo das bases reguladoras publicarase no taboleiro de anuncios do concello.

Volver