Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE VILARIÑO DE CONSO BUSCA TRES CONDUTORAS/ES DE MOTOBOMBA

22 Xul 2021

Ofertan un contrato de tres meses de duración

O concello de Vilariño de Conso fai público no BOP do 22 de xullo que, mediante a resolución da alcaldía do 19 de xullo de 2021, acordouse convocar e aprobar as bases reguladoras para a contratación do persoal laboral temporal que se indica:

a) Número e denominación das prazas: 3 condutores/as de motobomba
b) Modalidade da contratación: contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado, a xornada completa
c) Duración do contrato: 3 meses
d) Sistema de selección: concurso-oposición
e) Lugar e prazo de presentación das solicitudes: 5 días hábiles,que contarán desde o seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP, no rexistro do concello de Vilariño de Conso ou segundo os medios que establecen as bases reguladoras.
f) O texto completo das bases reguladoras publicarase no taboleiro de anuncios do concello.
g) As contratacións están financiadas a través da addenda do convenio entre a consellaría do Medio Rural da Xunta de Galiza e o concello de Vilariño de Conso, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER),no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

Volver