Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE VILARIÑO DE CONSO BUSCA PERSOAL DE ATENCIÓN Á INFANCIA

26 Ago 2021

Oferta un posto a xornada completa

O concello de Vilariño de Conso fai público no BOP do 26 de agosto que por decreto da alcaldía do 19 de agosto de 2021, aprobáronse as bases reguladoras e a convocatoria para seleccionar o seguinte persoal laboral:
1.Número de prazas: 1
2.Denominación: persoal de atención á infancia (1)
3.Duración: ata que se cubra a praza polo procedemento regulamentario
4.Contrato laboral que se vai formalizar: contrato de interinidade Xornada laboral: completa, de luns a venres de 8.30 a 16.00 horas
5.Salario bruto mensual: 1.074,76 €
6.Tarefas que cómpre realizar: as propias do persoal de atención á infancia
7.Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 5 días hábiles,que contarán a partir do seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP, no el Rexistro Xeral do concello, en horario de 8.30 a 14.30 horas, ou noutras formas que establecen as bases reguladoras.
8.O texto íntegro das bases de selección publicarase no taboleiro de anuncios do concello e na web municipal www.vilarinodeconso.es

Volver