Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE VILARINHO DE CONSO TOMA MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA EVITAR A PROPAGACIÓN DO CORONAVIRUS

13 Mar 2020

Faino mediante un bando da alcaldía

O concello de Vilarinho de Conso publica un bando a fin de conter a situación actual de contención contra a transmisión do coronavirus (VID-19) e segundo as recomendacións establecidas pola Conselleria de Sanidade da Xunta de Galicia para evitar os contaxios: o Concello de Vilarinho de Conso cancela até novo aviso as actividades culturais e deportivas e pecha asemade o pavillón, museo e biblioteca dependentes do ente público. Asimesmo, o Punto de Atención á Infancia (gardería) suspéndese dende o luns 16 de marzo, durante o mesmo periodo que os centros educativos de Galicia, como o CEIP de Vilarinho de Censo. Primarase a atención telefónica ou telemática ao público no Concello na medida do posible. O teléfono de contacto é o 988340302, o correo electrónico é concello.vilarinodeconso@eidolocal.es, e a sede
electrónica https://vilarinodeconso.sedetectronica.gal
No Concello colocaranse dispensadores de solución hidroalcohólica. Se algunha persoa precisa información sobre o coronavirus pode facelo chamando ao teléfono gratuito 900400116. Os principais síntomas son : febre, tose e sensación de falla de aire. As medidas de protección básica recomendadas pola OMS: Lavar as mans con frecuencia. Cubrir a boca e o nariz co cóbado ou cun pano desbotable ao tusir ou esbirrar. Evitar tocarse os ollos, o nariz e a boca.Evitar espazos con moita xente. Todas estas medidas son de carácter preventivo, pregando a calma e o sentido común dos vecinos

Volver