O CONCELLO DE VILARDEVOS TOMA MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA EVITAR A PROPAGACIÓN DO CORONAVIRUS
Faino mediante un bando da alcaldía
O concello de Vilardevós informa que debido a situación de contención da transmisión do coronavirus (COVID 19) e de acordo coas instruccións da Consellería de Sanidade para evitar o contaxio e propagación da infección, este Concello fai público o seguinte:
PRIMEIRO: Suspéndense ata novo aviso as actividades, cu lturáis e deportivas programadas.
SEGUNDO: Polo que se retire a atención ao público no concello, prégase aos veciños que acudan persoalmente só nos casos imprescindibles: Lémbrase que todos os que conten cun enderezo electrónico, poderán realizar os seus trámites a través da sede electrónica https:vilardevos.sedelectronica.gal ou por medio de correo electrónico na conta alcaldia@vilardevos.gal ou chamando ao teléfono do concello: 988 417004
TERCEIRO: No caso de defuncións nos que se empreguen os velatorios deste concello recoméndase as famílias QUE NON RECIBAN DUELO.
CUARTO: Lembre que é importante lavarse as mans con frecuencia e evitar espazos con moita afluencia de xente.
QUINTO: Poden obter INFORMACION sobre o CORONAVIRUS, chamando ao teléfono gratuito 900400116
O Concello fai un chamamento á responsabilidade dos veciños, mantendo a calma e evitando desplazamentos innecesarios