Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE VILARDEVÓS OFERTA UNHA PRAZA TEMPORAL

08 Xun 2020

Trátase dun posto de chófer de tractor rozadora

O concello de Vilardevós fai público no BOP do 8 de xuño, por resolución da alcaldía, do 4 de xuño de 2020, a aprobación das bases para a contratación, polo sistema de concurso – oposición, dun/ha chofer de tractor rozadora municipal no concello de Vilardevós.

Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de 5 días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio. Este servizo foi declarado de interese xeral para o concello e, en consecuencia, excluído da suspensión dos prazos ao abeiro do apartado 4 da disposición adicional 3º do Real decreto 463/2020 do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases que se atopan a disposición do público no concello e na sede electrónica do concello de Vilardevós: http://vilardevos.sedelectronica.gal/

Volver