Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE VILARDEVOS OFERTA DÚAS PRAZAS DE ALBANEIS

12 Xun 2017

Son contratos temporais a xornada completa

O concello de Vilardevós fai pública no BOP do 12 de xuño a convocatoria e bases que regulan a contratación laboral temporal a tempo completo, polo período de SEIS (6) meses, de DOUS (2) oficiais de 2ª de albanel, para a reparación e mellora de bens municipais, asi como para o adecentamento dos accesos aos núcleos de poboación do concello de Vilardevós. Son as súas funcións as de reparacións dos desperfectos que presenten os inmobles, locais e espazos destinados a depósitos, garaxes, almacenes, tanto de titularidade como de uso lexítimo do concello de Vilardevós, para cuio fin, acabado e perfecto estado, en relación cos fins propios do seu destino sean necesarias as actividades intrínsicas dos postos e categorías pactados; asi como as laboras de limpeza de bermas, paseos, foxos e noiros, asi coma calesqueira outras que pola alcaldía se lle encomende e estean relacionadas co posto a que se opta.

Se queres descarregar as bases do proceso abre o pdf que está debaixo da fotografía

Volver