O CONCELLO DE VILARDEVÓS OFERTA CATRO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS
Son para albaneis e pións da brigada de obras
O concello de Vilardevós fai público no BOP do 25 de xuño por resolución da alcaldía de 18 de xuño de 2018, a aprobación das bases para a contratación polo sistema de concurso-oposición de dous/dúas albaneis e dous/dúas pións da brigada municipal de obras e servicios do concello de Vilardevós. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9.00h a 14.00 horas, durante o prazo de 5 días hábiles seguintes á publicación deste anuncio. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases que se atopan a disposición do público na casa do concello e na sede electrónica do concello de Vilardevós: http://vilardevos.sedeelectronica.gal

