O CONCELLO DE VILAR DE SANTOS OFERTA UNHA PRAZA TEMPORAL
Convocan 1 praza de chófer de tractor rozadora
O concello de Vilar de Santos fai pública no BOP do 12 de abril a convocatoria para a contratación laboral dunha praza para chofer de tractor con rozadora. A modalidade de contratación será laboral temporal para obra ou servizo determinado. A xornada será de 40 horas/semana (luns a venres), optando para o sistema de selección polo concurso de méritos. A duración do contrato ira deica o 31.12.2017. O prazo e lugar para a presentación de solicitudes é de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello en horario de 9:00 a 14:30 horas. O texto integro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web do concello www.vilardesantos.com.

