Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE VILAR DE SANTOS OFERTA UNHA PRAZA DE CHÓFER DE TRACTOR ROZADORA

09 Mai 2018

Trátase dun contrato deica a fin do 2018

O concello de Vilar de Santos fai pública no BOP do 9 de maio a convocatoria para a contratación laboral dun/ha chófer de tractor con rozadora. A modalidade de contratación será  contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado con xornada de 40 horas/semana (luns a venres). Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos, e a duración do contrato até o 31.12.2018. O prazo e lugar para a presentación de solicitudes será de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello en horario de 9.00 a 14.30 horas. O texto íntegro das bases de selección está publicado notaboleiro de anuncios do concello e na páxina web do concello www.vilardesantos.gal.

Volver