O CONCELLO DE VILAR DE SANTOS OFERTA UN POSTO DE TRACTORISTA
Trátase dun contrato temporal a xornada completa
O concello de Vilar de Santos fai pública no BOP do 30 de maio a convocatoria para a contratación laboral que se indica:
1.- Número de prazas: unha
2.- Denominación: chofer de tractor con rozadora
3.- Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.
4.- Xornada: 40 horas/semana (de luns a venres)
5.- Sistema de selección: concurso de méritos
6.- Duración do contrato: ata o 31/12/2020.
7.- Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello (www.vilardesantos.sedelectronica.gal )
8.- O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios da páxina web do concello www.vilardesantos.gal

