O CONCELLO DE VILAR DE SANTOS OFERTA UN POSTO DE TRABALLO TEMPORAL
É para chofer/esa de tractor con rozadoira
O concello de Vilar de Santos fai pública no BOP do 10 de marzo a convocatoria para a contratación laboral que se indica:
1. Número de prazas: 1
2. Denominación: chofer/esa de tractor con rozadoira
3. Modalidade de contratación: contratación laboral temporal por obra ou servizo determinado
4. Xornada: 40 horas/semana (de luns a venres)
5. Sistema de selección: concurso de méritos
6. Duración do contrato: 6 meses
7. Prazo e lugar para presentar as solicitudes: 5 días hábiles, que contarán a partir do seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do Concello (vilardesantos.sedelectronica.gal)
8. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios da web do concello: www.vilardesantos.gal

