Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE VILAR DE SANTOS OFERTA UN POSTO DE OPERARI@ DE SERVIZOS VARIOS

09 Xun 2021

Trátase dun contrato deica a fin do 2021

O concello de Vilar de Santos fai pública no BOP do 9 de xuño a convocatoria para a contratación laboral que se indica:

1. Número de prazas: 1

2. Denominación: operario servizos varios.

3. Duración: até o 31/12/2021.

4. Modalidade de contratación: obra ou servizo determinado.

5. Xornada laboral: completa, de luns a venres. Oito horas ao día, conforme coa planificación dos traballos que para o efecto sinale a alcaldía.

6. Sistema de selección: concurso de méritos.

7. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, no rexistro  xeral do concello, en horario de 9:00 a 14:30 h.

8. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios e na paxina web do concello.

Volver