O CONCELLO DE VILAR DE SANTOS OFERTA UN POSTO DE AXENTE TIC
É un contrato laboral temporal
Oferta convocatoria no concello de Vilar de Santos, publicada no BOP do 11 de decembro para a contratación laboral que se indica:
1.- Número de prazas: 1
2.- Denominación: axente TIC (Tecnoloxías da información e a comunicación).
3.- Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.
4.- Xornada: 20 horas/semana (luns a venres).
5.- Servizo: Centro Cemit do Concello de Vilar de Santos.-
6.- Sistema de selección: concurso de méritos.
7.- Duración do contrato: ata o 31/12/2021.
8.- Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste
anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9.00 a 14.30 h.
9.- O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios e na paxina web do concello.

