Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE VILAR DE SANTOS OFERTA CATRO POSTOS TEMPORAIS

03 Feb 2017

Trátase de 4 prazas de auxiliares de axuda no fogar

O concello de Vilar de Santos fixo pública no BOP do 3 de febreiro a convocatoria para a contratación laboral de 4 prazas de auxiliares de axuda no fogar. Utilizarán como modalidade de contratación a contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado, con xornada de 25 horas/semana (luns a domingo, festivos incluídos), para os servizos sociais, axuda no fogar do concello de Vilar de Santos. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. A duración do contrato abranguerá todo o ano 2017. O prazo para a presentación de solicitudes é de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello en horario de 9:00 a 14:30 horas. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver