Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE VILAR DE SANTOS CONVOCA UNHA PRAZA

13 Dec 2016

É un posto temporal para un axente TIC

O concello de Vilar de Santos oferta un novo posto temporal. Trátase da convocatoria para a contratación laboral que se indica dunha praza de axente TIC (tecnoloxías da información e a comunicación), con modalidade de contratación por contrato laboral temporal para obra ou servizo determinado, e xornada de 20 horas/semana (luns a venres). Depende do servizo Centro Cemit do Concello de Vilar de Santos. Pra o sistema de selección optaron polo concurso de méritos, e a duración do contrato será deica o 31.12.2017. O prazo e lugar para a presentación de solicitudes é de 5 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia (13/12/16), no rexistro xeral do concello en horario de 09.00 a 14.30 h (se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fose día inhábil, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte). O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver