Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE VILAR DE SANTOS CONVOCA 5 PRAZAS PARA A PREVENCIÓN E DEFENSA-EXTINCIÓN CONTRA LUMES FORESTAIS

29 Xun 2016

Son cinco prazas temporais, catro para pións e unha para xef@ de brigada

O concello de Vilar de Santos fai pública unha convocatoria para a contratación laboral de 5 prazas (convenio de colaboración coa consellaría do medio rural e do mar). Son 4 pións de brigada de prevención e defensa-extinción contra incendios forestais e 1 xef@ de brigada de prevención e defensa-extinción contra incendios forestais. A modalidade de contratación será contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado, a xornada completa e o sistema de selección por concurso de méritos. A duración do contrato será de 3 meses. O prazo e lugar para a presentación de solicitudes é de 5 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.30 horas. (Se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fose sábado ou día inhábil, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte). O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello

Volver