Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE VILAR DE SANTOS BUSCA UN TRABALLADOR/A SOCIAL

16 Mai 2022

Ofertan un contrato laboral temporal de substitución

O concello de Vilar de Santos fai pública no BOP do 16 de maio a convocatoria para a contratación laboral que se indica:

1. Número de prazas: unha.
2. Denominación: traballador/a social.
3. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal de substitución, mentres dure o proceso de estabilización desta praza para a súa cobertura definitiva mediante contrato fixo.
4. Xornada: completa de luns a venres.
5. Sistema de selección: concurso de méritos.
6. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: cinco (5) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9:00 a 14:30 h.
7. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do concello (www.vilardesantos.gal) .

Volver