O CONCELLO DE VILAR DE SANTOS BUSCA UN AXENTE TIC
Ofertan un contrato laboral temporal para obra ou servizo determinado
O concello de Vilar de Santos publica a convocatoria para a contratación laboral que se indica no BOP do 3 de decembro:
1.- Número de prazas: 1
2.- Denominación: Axente TIC (tecnoloxías da información e a comunicación).
3.- Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.
4.- Xornada: 20 horas/semana (luns a venres).
5.- Servizo: Centro Cemit do Concello de Vilar de Santos.
6.- Sistema de selección: concurso de méritos.
7.- Duración do contrato: ata o 31/12/2020.
8.- Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do csoncello, en horario de 9.00 a 14.30 h.
9.- O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello

