O CONCELLO DE VILAR DE SANTOS BUSCA PERSOAL PARA A BRIGADA CONTRA INCENDIOS
Son contratos de tres meses de duración
Publicada no BOP do 16 de xuño a convocatoria do concello de Vilar de Santos para a contratación laboral que se indica:
1. Número de prazas: 5 (Convenio de colaboración coa consellaría de Medio Rural)
- 4 pións/pioas de brigada de prevención e defensa-extinción contra incendios forestais (3 pións/pioas de brigada e 1 pión/pioa condutor/a).
- 1 xefe/a de brigada de prevención e defensa-extinción contra incendios forestais.
2. Modalidade de contratación: contratación laboral temporal.
3. Xornada: completa.
4. Sistema de selección: concurso de méritos.
5. Duración do contrato: 3 meses.
6. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 5 días hábiles, que contarán a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.30 h.
7. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios e na paxina web do concello: www.vilardesantos.gal