O CONCELLO DE VILAR DE SANTOS BUSCA CHOFER/ESA PARA O TRACTOR ROZADOIRA
Trátase dun contrato de seis meses de duración
O concello de Vilar de Santos fai pública no BOP do 3 de maio a convocatoria para a contratación laboral que se indica:
1. Número de prazas: 1.
2. Denominación: chofer de tractor con rozadoira.
3. Modalidade de contratación: contratación laboral temporal.
4. Xornada: 40 horas/semana (de luns a venres).
5. Sistema de selección: concurso de méritos.
6. Duración do contrato: 6 meses.
7. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 5 días hábiles, que contarán a partir do seguinte ao da publicación
deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello: (vilardesantos.sedelectronica.gal)
8. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios da páxina web do concello:
www.vilardesantos.gal