O CONCELLO DE VILAR DE BARRIO OFERTA SETE POSTOS DE TRABALLO
Son prazas para a brigada contra incendios forestais
O concello de Vilar de Barrio fai públicas no BOP do 13 de xuño as convocatorias para a contratación laboral dunha brigada de prevención e defensa contra os incendios forestais durante o ano 2020 e a convocatoria para a contratación laboral de tres condutor@s do vehículo motobomba, para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante o exercicio 2020 , segundo as bases aprobadas pola resolución da alcaldía con data 10 de xuño de 2020.
1.- Número e denominación de postos: un/ha xefa/e de brigada, un/ha pión condutor/a, dúas/dous pións e tres condutor@s do vehículo motobomba
2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo.
3.- Duración do contrato: tres meses.
4.- Sistema de selección: concurso – oposición para @s xef@s de brigada, pións condutores/as, e pións, e concurso de méritos para @s condutor@s do vehículo motobomba
5.- Bases da convocatoria: oficinas municipais, www.vilardebarrio.com, https://vilardebarrio.sedelectronica.gal
6.- Prazo de presentación de solicitudes: cinco días hábiles, comezando a computarse o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense

