Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE VILAR DE BARRIO OFERTA CINCO PRAZAS TEMPORAIS

04 Xun 2018

Formarán a brigada forestal

O concello de Vilar de Barrio fai pública a convocatoria para a contratación laboral dunha brigada de prevención e defensa contra os incendios forestais 2018, segundo as bases aprobadas pola Resolución da Alcaldía con data 29 de maio de 2018. Trátase dos postos para un/ha xefe/a de brigada, un/ha pión condutor/a e tres pións. A modalidade de contratación será contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo, e a duración do contrato será de tres meses. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. As bases da convocatoria están depositadas nas oficinas municipais, e en www.vilardebarrio.com, https://vilardebarrio.sedelectronica.gal. O prazo de presentación de solicitudes é de cinco días hábiles, comezando a computarse o dito prazo a partir do día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

Volver