Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE VILAR DE BARRIO ANUNCIA A CREACIÓN DUNHA NOVA BOLSA DE EMPREGO

16 Dec 2020

Será para a categoría de auxiliar administrativa/o

O concello de Vilar de Barrio, unha vez aprobadas as bases de selección e a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego para cubrir as necesidades dos postos de auxiliar administrativo para substitucións por baixas, vacacións ou necesidades urxentes do servizo, publica no BOP do 16 de decembro o resumo da convocatoria para xeral coñecemento:

• Creación dunha bolsa de emprego para a cobertura das necesidades dos postos de auxiliar administrativo para cubrir baixas, vacacións ou necesidades urxentes do servizo.
• A duración da bolsa de traballo será ata que sexa substituída por outra bolsa posterior ou da que resulte do proceso selectivo para a provisión en propiedade de prazas vacantes para o mesmo grupo
Bases da convocatoria: poderán obterse nas oficinas municipais, na páxina web do concello www.vilardebarrio.com, e na sede electrónica https:// vilardebarrio. Sedeelectronica.gal.
• Sistema de selección: concurso-oposición
• Prazo de presentación de solicitudes: 10 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.
• Lugar de presentación: no rexistro do concello de Vilar de Barrio, praza do Toural, nº 10, Vilar de Barrio, en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou por calquera outro medio admitido en dereito coas condicións indicadas nas bases.

Volver