O CONCELLO DE VILAMARTIN DE VALDEORRAS OFERTA UNHA PRAZA DE OPERARIO/A DE MINI RETROESCAVADORA XIRATORIA
Ofertan un contrato laboral temporal
O concello de Vilamartín de Valdeorras fai pública no BOP do 17 de abril a convocatoria para a contratación laboral que se indica:
1.- Número de prazas: 1 operario/a máquina mini retroescavadora xiratoria.
2.- Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.
3.- Xornada: completa.
4.- Sistema de selección: concurso de méritos.
5.- Duración do contrato: ata o 31 de decembro de 2018.
6.- Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 7 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.30 horas (se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fose sábado ou día inhábil, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte).
7.- O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

