O CONCELLO DE VILAMARTIN DE VALDEORRAS OFERTA UNHA PRAZA DE CONDUCTOR/A DE TRACTOR ROZADORA
Trátase dun contrato deica a fin do 2020
O concello de Vilamartín de Valdeorras fai pública no BOP do 19 de maio a convocatoria para a contratación laboral que se indica:
1.- Número de prazas: un condutor/a tractor rozadora e outra maquinaria similar.
2.- Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.
3.- Xornada: completa.
4.- Sistema de selección: concurso-oposición.
5.- Duración do contrato: ata o 31 de decembro de 2020.
6.- Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas, con cita previa, ou no rexistro electrónico do concello, https://vilamartindevaldeorras.sedelectronica.gal/. Se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fose sábado ou día inhábil, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte
7.- O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do concello