O CONCELLO DE VILAMARIN OFERTA UNHA PRAZA TEMPORAL
É pra un/ha monitor/a deportivo
O concello de Vilamarín, unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación por concurso de un/ha monitor/a deportivo para o ximnasio municipal en réxime laboral temporal 15 horas á semana, publica o resume no BOP do 17 de abril a convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso. A modalidade de contratación será contrato por obra ou servizo, de duración determinada 15 horas á semana. O sistema de selección será por concurso. A duración do contrato é de 12 meses. O prazo e lugar de presentación das solicitudes é de 6 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello de Vilamarín, sito en Avda. Santiago Apóstol, n.º 5, (32101 – Vilamarín), en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

