Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE VILAMARIN OFERTA UNHA PRAZA DE PIÓN

16 Mai 2017

É un contrato temporal por obra ou servizo

O concello de Vilamarín, unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación por concurso dun/dunha pión en réxime laboral temporal a xornada completa, publica o resume da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso. É unha praza de pión con contrato por obra ou servizo, de duración determinada a tempo completo. O sistema de selección é por concurso. A duración do contrato é de 4 meses e 15 días. O prazo e lugar de presentación das solicitudes é de 10 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP (16/5/17), no rexistro xeral do Concello de Vilamarín, situado na Avda. Santiago Apostol, Núm. 5, 32101 Vilamarín, en horario de 09.00 a 14.30 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común e das Administracións Públicas. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver