O CONCELLO DE VILAMARÍN OFERTA UNHA PRAZA DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR
Ofertan un contrato laboral temporal
O concello de Vilamarín aprobou as bases que rexerán a contratación por concurso dun/unha auxiliar de axuda no fogar en réxime laboral temporal a xornada completa, e publicou no BOP de hoxe, 27 de maio o resumo da convocatoria. Trátase dunha prza de auxiliar de axuda no fogar do servizo de axuda no fogar do Concello de Vilamarín. A modalidade de contratación será un contrato por obra ou servizo, de duración determinada a tempo completo. Para o sistema de selección optaron polo concurso. A duración do contrato irá dende o 15 de xuño ata o 31 de decembro de 2016, (aproximadamente). O prazo e lugar de presentación das solicitudes será de 5 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do Concello de Vilamarín, situado na Avda. Santiago Apóstol, n.º 5, (32101 Vilamarín), en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

