O CONCELLO DE VILAMARÍN OFERTA UNHA PRAZA DE ARQUITECTO
É un contrato temporal
O concello de Vilamarín, unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación por concurso de un/unha arquitecto/a para o servizo de urbanismo do concello de Vilamarín en réxime laboral temporal a xornada completa, publica o resume da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso. Trátase dunha praza de arquitecto/a con modalidade de contratación por contrato por obra ou servizo, de duración determinada a xornada completa. O sistema de selección será por concurso e a duración do contrato de 4 meses e 15 días. O prazo e lugar de presentación das solicitudes é de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no BOP (24/5/17), no rexistro xeral do concello de Vilamarín, situado na Avda. Santiago Apostol, núm. 5 (32101-Vilamarín), en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

