Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE VILAMARÍN OFERTA DÚAS PRAZAS PARA PIÓNS DE OBRAS PÚBLICAS

02 Xun 2016

Son contratos laborais temporais a xornada completa

O concello de Vilamarín, unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación por concurso de 2 peóns de obras públicas en réxime laboral temporal a xornada completa, publica no BOP do 2 de xuño o resumo da convocatoria. Trátase de dúas prazas para pións de obras públicas. A modalidade de contratación será contrato por obra ou servizo, de duración determinada a tempo completo. Para o sistema de selección optaron polo concurso, sendo a duración do contrato de 5 meses. O prazo e lugar de presentación das solicitudes é de 5 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP (2/6/16), no Rexistro Xeral do Concello de Vilamarín, situado na Avda. Santiago Apóstol, n.º 5 (32101 Vilamarín), en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver