Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE VILAMARÍN OFERTA 6 POSTOS TEMPORAIS

09 Dec 2016

Son prazas para Auxiliares de Axuda no Fogar

O concello de Vilamarín, unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación por concurso de seis auxiliares de axuda no fogar en réxime laboral  temporal a xornada completa, publica no BOP do venres 9 de decembro  o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso. Trátase de 6 prazas para auxiliares de axuda no fogar. Pertencerán o servizo de axuda no fogar do concello de Vilamarín, sendo a modalidade de contratación un contrato por obra ou servizo, de duración determinada a tempo completo. Para o sistema de selección optaron polo concurso, e a duración do contrato será dun 1 ano. O prazo e lugar de presentación das solicitudes é de 5 días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello de Vilamarín, situado en Avda. Santiago Apóstol, n.º 5 (32101 – Vilamarín) e teléfono 988 286 000, en horario de 09.00 a 14.00horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver