Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE VILAMARÍN OFERTA 6 POSTOS DE AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR

03 Dec 2021

Trátase de contratos dun ano de duración

O concello de Vilamarín fai público no BOP do 3 de decembro que, unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación por concurso de sete auxiliares de axuda no fogar, en réxime laboral temporal a xornada completa, o resumo da convocatoria para coñecemento xeral e chamamento ao concurso.
1. Número de prazas: 6
2. Denominación: auxiliar de axuda no fogar
3. Servizo: Servizo de Axuda no Fogar do concello de Vilamarín
4. Modalidade de contratación: contrato por obra ou servizo,de duración determinada a tempo completo
5. Sistema de selección: concurso
6. Duración do contrato: 1 ano
7. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 5 días hábiles seguintes ao de publicarse este anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do Concello de Vilamarín, situado na avda. de Santiago Apóstol, 5 (32101 Vilamarín), en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou a través de calquera dos medios que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
8. Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica: vilamarin.sedelectronica.es

Volver