Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE VILAMARÍN BUSCA UN/HA AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

24 Abr 2023

Encargarase da cobertura das vacacións do persoal do servizo

Unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación por concurso dun/unha auxiliar de axuda no fogar, en réxime laboral temporal, a xornada completa, para a cobertura das vacacións do persoal do servizo de axuda no fogar, o concello de Vilamarín publica no BOP do 22 de abril o resumo da convocatoria para coñecemento xeral e chamamento ao concurso.

1.Número de prazas: 1.

2.Denominación: auxiliar de axuda no fogar.

3.Servizo: Servizo de Axuda no Fogar do concello de Vilamarín.

4.Modalidade de contratación: contrato por circunstancias da produción, a tempo completo, 6 meses.

6.Sistema de selección: concurso.

7.Prazo e lugar de presentación das solicitudes: os 5 días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello de Vilamarín, situado na av. Santiago Apóstol, núm. 5 (32101 Vilamarín), en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou a través de calquera dos medios que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

8.Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica: vilamarin.sedelectronica.es

Volver