Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE VILAMARÍN BUSCA UN/HA AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO

24 Feb 2021

É un contrato deica a fin do 2021

O concello de Vilamarín, unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación por concurso dun/dunha auxiliar de axuda a domicilio en réxime laboral temporal a xornada completa, se publica no BOP do 24 de febreiro o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso.

1. Número e denominación dos postos: un/unha auxiliar de axuda a domicilio para o Servizo de Axuda a Domicilio do concello de Vilamarín, mediante concurso, en réxime laboral e con carácter temporal para cubrir, de forma urxente, a baixa por enfermidade dunha traballadora e en todo caso como máximo ata o 31 de decembro de 2021.

2. Servizo: Servizo de Axuda no fogar do Concello de Vilamarín.

3. Modalidade de contratación: contrato por obra ou servizo, de duración determinada a tempo completo.

4. Sistema de selección: concurso.

5. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 5 días naturais seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP de Ourense, no rexistro xeral do Concello de Vilamarín, situado na avda. Santiago Apostol, núm. 5 (32101 – Vilamarín), en horario de 09:00 a 14:00 horas, o a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Volver