Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE VILAMARÍN BUSCA UN/HA AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O

23 Xun 2021

Fan un concurso oposición

O concello de Vilamarín fai público no BOP do 23 de xuño que, por resolución da alcaldía, de data 16 de xuño de 2021, aprobáronse as bases e a convocatoria para seleccionar, en réxime de interinidade, dun/dunha auxiliar administrativo/a por concurso- oposición para cubrir unha praza vacante neste concello. Ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de 10 días hábiles, que contarán desde o día seguinte ao de publicarse este anuncio no Boletín Oficial da Provincia. As bases que deben rexer a convocatoria e o proceso de selección aparecen integramente publicadas no taboleiro de anuncios e na sede electrónica deste concello: vilamarin.sedelectronica.es
Contra as presentes bases, que poñen fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente, ante a alcaldía deste
concello, un recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes, que contará a partir do día seguinte ao de publicarse
este anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Pode presentarse tamén o recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente, no prazo de dous meses, que contarán desde o día seguinte ao de publicarse este anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se optase por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor o recurso contencioso-administrativo ata que se resolva expresamente ou se desestime por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro recurso que considere pertinente.

Volver