Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE VILAMARÍN ANUNCIA UN POSTO TEMPORAL

04 Mai 2017

É un posto de chófer de tractor rozadora

O concello de Vilamarín, unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación por concurso de 1 chofer tractor rozadora en réxime laboral temporal a xornada completa, publica o resume da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso. Trátase dunha praza para un/ha chofer tractor rozadora, con modalidade de contratación mediante contrato por obra ou servizo,de duración determinada a tempo completo. O sistema de selección será por concurso. A duración do contrato será de 4 meses e 15 días. O prazo e lugar de presentación das solicitudes é de 6 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP (4/5/17), no rexistro xeral do concello de Vilamarín, situado na Avda. Santiago Apóstol, núm. 5 (32101 Vilamarín), en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

 

Volver