Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE VIANA PUBLICA UN BANDO SOBRE O REPARTO DE ALIMENTOS

18 Mar 2020

O servizo de Axuda a Domicilio tamén segue a funcionar con total normalidade

O concello de Viana do Bolo emite un bando informativo no que indica que as empresas de alimentación poderán seguir abastecendo ós pobos e aldeas de víveres. O bando dí o seguinte:

PRIMEIRO. O punto cuarto da Resolución da Alcaldía 2020-0213, de data 16 de marzo, di textualmente: “O Servizo de Axuda a Domicilio e os Servizos Sociais do Concello de Viana do Bolo continuarán a operar de acordo coas instrucións e recomendacións das autoridades sanitarias”. Isto significa que o servizo de Axuda a Domicilio tanto na modalidade de atención á dependencia, que atende a 61 persoas, como na modalidade de atención básica, que atende a 27 persoas, funciona a pleno rendemento sen ningunha restrición. En total os servizos sociais dependentes do concello atenden a 88 persoas. Os usuarios e usuarias do Servizo de Axuda no Fogar sempre lles foron atendidas as súas demandas para achegarlles menciñas e alimentación ós seus fogares, xa con anterioridade á declaración do estado de alarma. Resaltar que no Servizo de Axuda a Domicilio en modalidade de dependencia non son atendidas mais persoas porque a Xunta de Galicia tarda moito en valorar ás persoas que precisan deste servizo. Tamén se deu orde, en dita Resolución da Alcaldía, de que a pesares de estar pechadas as oficinas administrativas, unha persoa dos servizos sociais permanecería no seu posto de traballo para atender por teléfono e en casos que así o requira de forma presencial as persoas que o necesiten.

SEGUNDO. Nin nas resolucións do Goberno do estado nin de outras Administracións referidas ao coronavirus en ningún momento se prohibe a mobilidade para adquirir alimentos ou menciñas nin tampouco se pecharon estes establecementos de alimentación e as farmacias; tampouco se prohibiu a venda ambulante de alimentos. Polo tanto legalmente poden seguir servindo a poboación, sobre todo nas nosas parroquias que teñen máis complicado abastecerse de alimentos.

TERCEIRO. Se a pesares de todo o explicado anteriormente, e si algunha persoa tivera dificultades para recibir alimentos ou menciñas debe comunicarse coas oficinas municipais no teléfono 988 340 120 e o Concello faralle chegar o necesario. Dende os servizos sociais do concello estase a informar aos Alcaldes e Alcaldesas Pedáneos dos núcleos de poboación sobre esta posibilidade

Volver