O CONCELLO DE VIANA DO BOLO OFERTA CINCO PRAZAS TEMPORAIS
Seleccionan a cinco persoas como personal laboral temporal un máximo seis meses de duración
O concello de Viana do Bolo mediante resolución da alcaldía de data 28 de outubro, aprobou as bases e a convocatoria do proceso selectivo de persoal laboral temporal mediante o sistema de concurso de méritos, para a contratación de cinco traballador@s. O obxecto desta convocatoria é a selección de cinco persoas como persoal laboral temporal (máximo seis meses de duración) para realizar actuacións de obras para a mellora e acondicionamento de bens de titularidade municipal de conformidade coa subvención concedida pola Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Servizo de Emprego e Economía Social de Ourense para o fomento do emprego no medio rural:
- 2 oficiais 1ª.
- 3 peóns
Na parte esquerda, debaixo da fotografía podes descarregar as bases que rexerán a convocatoria para a contratación das prazas. O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles contado dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia (2/11/16). Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro de edictos do concello e na páxina web www.vianadobolo.es.

