Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE VERÍN TOMA MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA EVITAR A PROPAGACIÓN DO CORONAVIRUS

13 Mar 2020

Faino mediante un bando da alcaldía

O concello de Verín fai público un bando informativo ante a situación sanitaria actual en relación co COVID-19, e en consonancia coas disposicións adoptadas no día de onte pola Xunta de Galicia, adóptanse as seguintes medidas preventivas que entran en vigor dende o momento da sinatura do presente bando e perdurarán ata novo aviso:
1º.- Suspender todas as actividades públicas de carácter institucional, social, deportivo e cultural.
2º.- Peche das instalacións municipais (Pavillóns de Deportes, Piscina Municipal, Biblioteca, Museo, Auditorio, Casa da Cultura, Sala de Exposicións, Oficina de Turismo, Centro de Día, Escola de Artes e Oficios, Conservatorio e Escola da Banda de Gaitas).
3º.- Limítase a atención ao público nas dependencias municipais en casos de urxencia ou necesidade improrrogable (Casa do Concello, Casa da Xuventude -sede de Servizos Sociais e oficinas da Policía Local) sempre priorizando a atención telefónica e telemática – correoelectrónico ou sede electrónica-.
4º.- Recoméndase limitar as concentracións de persoas en espazos públicos (parques e zonas de recreo) así como terrazas, oficios civís e relixiosos. Pregamos a súa colaboración. Entre todas e todos seremos capaces de superar a situación actual se seguimos as recomendacións, directrices e ordes da autoridade sanitaria. Con tranquilidade, sen medo pero con precaución

Volver