Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE VERÍN OFERTA UNHA PRAZA TEMPORAL

04 Feb 2017

Convoca unha praza de Axente de Proxectos de Seguridade

O concello de Verín fará público o vindeiro luns no xornal "La Región" a oferta dun novo posto de traballo temporal. Trátase dunha praza de Axente de Proxectos de Seguridade que terá como modalidade contractual obra ou servizo determinado a xornada completa do artigo 15.1.a) do Estatuto dos traballador@s. O procedemento selectivo será o establecido nas bases de contratación do persoal laboral do concello de Verín. As instancias presentaranse no rexistro xeral do concello de Verín durante o prazo de sete días naturais, dende o día seguinte á publicación deste anuncio. Á instancia teñen que xuntarse os méritos que se aleguen xunto coa documentación que figura na cláusula 2.2 f) das bases reguladoras do réxime de contratación do persoal laboral do concello de Verín.

SE QUERES DESCARREGAR O ANUNCIO COAS CONDICIÓNS DA OFERTA PICA NO PDF QUE ESTÁ DEBAIXO DA FOTOGRAFÍA

Volver