O CONCELLO DE VERÍN OFERTA UNHA PRAZA DE FUNCIONARI@ INTERINA
É para un/ha técnico/a de administración xeral
O concello de Verín fai pública no BOP do 17 de novembro, por resolución da concelleira delegada do 13.11.2018, a aprobación das bases e convocatoria das correspondentes probas selectivas para prover unha praza de funcionari@ interin@ de técnico/a de administración xeral, vacante no cadro de persoal funcionario do concello de Verín. O prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP). Non obstante, se o último día do prazo fose sábado ou coincidise con festivo, pospoñerase ata o primeiro día hábil seguinte. As bases están integramente publicadas na sede electrónica do Concello de Verín (Taboleiro de anuncios. Emprego Público).

