Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE VERÍM OFERTA POSTOS PARA SOCORRISTAS

29 Xun 2021

A duración dos contratos será de 2 meses

BASES ESPECÍFICAS CONTRATACIÓN SOCORRISTAS – FOMENTO DE EMPREGO 2021

 

SOCORRISTAS

 Duración contratación: 2 MESES

(as vacacións disfrutaranse nos derradeiros días da contratación)

 

07.07.2021

Último día para presentación de instancias

08.07.2021

Listaxe provisional admitidas/os e excluidas/os

09.07.2021

Reclamación á listaxe de admitidas/os e excluidas/os

12.07.2021

Listaxe provisional

13.07.2021

Plazo reclamacións á listaxe provisional

14.07.2021

Listaxe definitiva

 

Data probábel de contratación: 15.07.2021

 

 

 

 

Retribucións mensuais brutas: 1.015,60 €  (PAGAS EXTRAS NON INCRUÍDAS NESTE IMPORTE)

 

Motivos de exclusión do proceso de selección:

Non aportar a documentación mínima esixida

Non estar incluída/o na relación remitida polo Servizo de Emprego

 

1.- Documentación mínima que tenhen que aportar para participar no proceso de selección:

  • Fotocopia do DI
  • Certificado negativo do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais
  • ANEXO I - Solicitude
  • ANEXO II – Declaración Responsábel

TITULACIÓN ESIXIDA:            -  ESO ou equivalente

                                   - Carnet socorrista expedido pola AGASP ou Curso de socorrismo en instalacións acuáticas (certificado de profesionalidade)                                                                                                                                                                          

 

2.- Documentación que poden aportar para acadar méritos:

 

8.3.A) EXPERIENCIA PROFISIONAL MÁXIMO 75 PUNTOS

PUNTUACIÓN MÁXIMA A ACADAR (60% DE 75) = 45 PUNTOS

A.1).- Servizos prestados, na administración local ou entidade do sector público (en réxime funcionarial/ laboral/ estatutario) desenrolando praza ou funcións equivalentes: 0,20 puntos por mes completo de servizos

A.2).- Servizos desenrolados en empresa/entidade privada, en posto ou funcións equivalentes á da bolsa á que opta: 0,15 puntos por mes completo de servizos

Para a acreditación dos devanditos méritos deberase achegar copia da seguinte documentación xustificativa:

 

- Certificación expedida pola Administración Pública na que prestou servizos, onde conste o grupo e o posto de trabalho que desenrolou, e o cómputo total de días, meses e anos trabalhados, xunto coa vida laboral. Poderase acreditar dita experiencia no sector público aportando os respetivos contratos xunto coa vida laboral.

 

- Contrato de trabalho acompanhados do informe de vida laboral expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social no caso de postos desenrolados no sector privado

Os servizos prestados alegados, calcularanse segundo os dados finais obrantes na vida laboral.

 

En ambos casos non se terán en conta os períodos restantes inferiores ao mes.

 

8.3.B) FORMACIÓN ESPECÍFICA / COMPLEMENTAR: MÁXIMO 24 PTOS

PUNTUACIÓN MÁXIMA A ALCANZAR (40% DE 24) = 9,60 PUNTOS

DURACIÓN

Pontos

Cursos de duración entre 20 - 49 horas

0,10

Cursos de duración entre 50 - 99 horas

0,20

Cursos de duración entre 100 - 299 horas

0,40

Cursos de duración entre 300 - 599 horas

0,80

Cursos de duración igual o superior a 600 horas

1,50

Serán obxecto de valoración as accións de formación directamente relacionadas coas funcións e/ou competencias profesionais a desenrolar, impartidas, organizadas, reconhecidas ou homologadas polas Administracións Públicas, entidades e/ou organismos dependentes das mesmas, universidades, Inem así coma sindicatos.

Para a acreditación desta formación deberase achegar copia do título correspondente ou certificado acreditativo expedido pola entidade/organismo organizador ou responsábel da actividade formativa. Nos devanditos documentos acreditativos deberá constar a data de realización dos mesmos, a súa duración, así como o seu obxecto.

Non serán valoradas as accións formativas de menos de 20 horas, nin a asistencia a xornadas, seminarios, simposios ou similares

 

8.3.C) NIVEL DE CONHECEMENTO DO IDIOMA GALEGO (MÁXIMO 1 PUNTO)

NIVEL

Pontos

CELGA I ou equivalente

0,20

CELGA II ou equivalente

0,40

CELGA III ou equivalente

0,60

CELGA IV ou equivalente

0,80

CELGA V ou equivalente

1

Para garantir o uso do galego nas relacións coa Administración será valorada a posesión do Certificado de Lingua Galega (CELGA) ou titulación equivalente, sendo ésta homolagada pola Xunta de Galiza (valorarase soamente o nivel de grao superior)

 

 

Volver