O CONCELLO DE VERÍN OFERTA DÚAS PRAZAS PARA PIÓNS DE LIMPEZA VIARIA
Trátase de contratos de sustitución
O concello de Verín fai público no diario "La Region" do venres 25 de outubro o anuncio de contratación de persoal laboral para dúas prazas de pión de limpeza viaria. Ofertan contratos de sustitución por baixa médica con dereito a reserva do posto de traballo.
Os requisitos a cumprir son ter o graduado escolar ou equivalente, e o procedemento selectivo será o establecido nas bases de contratación do persoal laboral do concello de Verín.
O prazo para a presentación de solicitudes é de 10 naturais.
Deberase aportar xunto coa instancia os méritos que se aleguen e a documentación que figura na cláusula 2.2n) das bases reguladoras do réxime de contratación do persoal laboral do concello de Verín.