Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE VERÍN OFERTA CINCO POSTOS PARA PIÓNS DE XARDINEIRÍA

25 Mai 2020

Son contratos de seis meses de duración

O concello de Verín fixo públicas as bases específicas para a contratación de 5 pións de xardineiría, nas que ofertan contratos temporais a xornada completa de seis meses de duración.

BASES ESPECÍFICAS CONTRATACIÓN 5 PIÓNS DE XARDINERÍA

BASES DE CONTRATACIÓN DE 5 PIÓNS DE XARDINERÍA

29/05/20

Ultimo día para aportar documentación para baremar

01/06/2020 – 14.00 horas

Listaxe provisional de admitid@s e excluíd@s

02/06/20

Reclamación á listaxe de admitid@s e excluíd@s

03/06/20

Listaxe definitivo de admitid@s e excluíd@s

04/06/2020 – 9.00

PROBA PRÁCTICA

04/06/2020 – 14.00 horas

Listaxe provisional de Valoración

   

05/06/2020 – 15/06/2020

Reclamación á listaxe provisional de Valoración

17/06/20 – 14.00 horas

Listaxe definitivo de Valoración

 

Data probable de contratación: 18/06/2020

Duración do contrato:

  • 6 MESES, con posibilidade de prórroga de 1 MES

1.- Documentación mínima que teñen que aportar para participar no proceso de selección:

  • Anexo I
  • Declaración responsábel (Anexo II)
  • Fotocopia do DI.

2.- Proba Práctica

@s aspirantes deberán realizar unha proba práctica consistente no manexo das ferramentas e maquinaria agrícola propiedade municipal (desbrozadora, motoserra, cortasetos, ...). Dita proba terá como resultado APTO ou NON APTO.

@s candidat@s NON APT@S non seguirán o proceso de contratación; @s candidad@s APT@S serán obxecto de valoración.

3.- Documentación que poden aportar para acadar méritos:

8.3.A) EXPERIENCIA PROFESIONAL MÁXIMO 75 PUNTOS

PUNTUACIÓN MÁXIMA A ALCANZAR (60% DE 75) = 45 PUNTOS

A.1).- Servizos prestados, na administración local ou entidade do sector público (en réxime funcionarial/ laboral/ estatutario) desempeñando praza ou funcións equivalentes: 0,20 puntos por mes completo de servizos

A.2).- Servizos desempenhados en empresa/entidade privada, en posto ou funcións equivalentes á da bolsa á que opta: 0,15 puntos por mes completo de servizos

Para a acreditación dos devanditos méritos deberase achegar copia da seguinte documentación xustificativa:

- Certificación expedida pola Administración Pública na que prestou servizos, onde conste o grupo e o posto de trabalho que desempenhou, e o cómputo total de días, meses e anos traballados, xunto coa vida laboral. Poderase acreditar dita experiencia no sector público aportando os respectivos contratos xunto coa vida laboral.

- Contrato de trabalho acompanhados do informe de vida laboral expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social no caso de postos desempenhados no sector privado

Os servizos prestados alegados, calcularánse según os datos finais obrantes na vida laboral.

En ambos casos non se terán en conta os períodos restantes inferiores ao mes.

 

8.3.B) FORMACIÓN ESPECÍFICA / COMPLEMENTARIA: MÁXIMO 24 PTOS

PUNTUACIÓN MÁXIMA A ALCANZAR (40% DE 24) = 9,60 PUNTOS

DURACIÓN

Puntos

Cursos de duración entre 20 - 49 horas

0,10

Cursos de duración entre 50 - 99 horas

0,20

Cursos de duración entre 100 - 299 horas

0,40

Cursos de duración entre 300 - 599 horas

0,80

Cursos de duración igual o superior a 600 horas

1,50

Serán obxecto de valoración as accións de formación directamente relacionadas coas funcións e/ou competencias profesionais a desempenhar, impartidas, organizadas, reconhecidas ou homologadas por Administracións Públicas, entidades e/ou organismos dependentes das mesmas, universidades, Inem así coma sindicatos.

Para a acreditación desta formación deberase achegar copia do título correspondente ou certificado acreditativo expedido pola entidade/organismo organizador ou responsábel da actividade formativa. Nos devanditos documentos acreditativos deberá constar a data de realización dos mesmos, a súa duración, así como o seu obxecto.

Non serán valoradas as accións formativas de menos de 20 horas, nin a asistencia a xornadas, seminarios, simposios ou similares

8.3.C) NÍVEL DE CONHECEMENTO DO IDIOMA GALEGO (MÁXIMO 1 PUNTO)

NÍVEL

Pontos

CELGA I ou equivalente

0,20

CELGA II ou equivalente

0,40

CELGA III ou equivalente

0,60

CELGA IV ou equivalente

0,80

CELGA V ou equivalente

1

Para garantir o uso do galego nas relacións ca Adminsitración será valorada a posesión do Certificado de Lingua Galega (CELGA) ou titulación equivalente, sendo ésta homologada pola Xunta de Galiza (valorarase só o nivel de grao superior)

Volver