O CONCELLO DE VERÍN OFERTA 12 NOVOS CONTRATOS
Son 8 prazas para a ludoteca e 4 para o campamento-invernadoiro
O concello de Verín fixo pública no día de onte, 26 de maio unha nova oferta para diferentes postos de traballo temporais. Trátase de 10 prazas de Monitor/a de tempo libre, divididas en 6 postos para a ludoteca de verán e 4 para o campamento invernadoiro. Pra estas prazas esixen ter a titulación de bacherelato superior ou equivalente e o curso de monitor de ocio e tempo libre. Farán contratos de obra ou servizo, segundo a xornada que corresponda do art. 15.1 a) do estatuto ds traballador@s. @s candidat@s que ocupen os seis primeiros postos terán unha xornada parcial, 3.30 horas diarias, do 23/06/2016 ao 17/09/2016, desfrutando vacacións do 13/09/2016 ao 17/09/2016. @s candidat@s que ocupen os postos sétimo, oitavo, noveno e décimo terán unha xornada completa (estancia en campamento de verán) do 22/08/2016 ao 27/08/2016. O procedemento selectivo será o establecido nas bases de contratación do persoal laboral do concello de Verín. As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do concello de Verín no prazo de dez días naturais dende o 27 de maio de 2016. Presentarase unha única solicitude e as prazas outorgaranse segundo o posto que ocupe cada cada candidato tralo proceso de selección. Se algun/ha candidat@ únicamente desexa ser contratad@ como Monitor/a de Ludoteca ou Monitor/a de Campamento (nun único posto e non participar nos dous), deberá indicar esta circunstancia na solicitude; en caso contrario, as prazas ofertaranse segundo o posto que o ocupen trala baremación, non podendo, posteriormente, elixir entre os postos. Xunto á instancia, incruiranse os méritos que se aleguen xunto coa documentación que figura na cláusula 2.2 f) das bases reguladores do réxime de contratación do persoal laboral do concello de Verín.
Do mesmo xeito, ofertan dúas prazas de monitor-coordinador ludoteca verán, na que esixen o Grao en Educación Social ou Maxisterio xunto cos cursos de monitor/a de ocio e tempo libre e o de primeiros auxilios. Farán un contrato de obra ou servizo determinado a xornada parcial do 23/06/2016 ao 17/09/2016, desfrutando o período de vacación do 13/09/2016 ao 17/09/2016. Para o proceso selectivo seguirán o criteiro indicado nas bases de contratación do persoal laboral do concello de Verín. O prazo para a presentación de instancias é de 10 días naturais dende o 27 de maio, e deberán presentarse no rexistro xeral do concello de Verín. Xunto coa instancia, achegaranse os méritos que se aleguen coa documentación que figura na cláusula 2.2 f) das bases reguladoras do réxime de contratación do persoal laboral do concello de Verín.

