Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE VERÍN NOVAMENTE CONDEADO POLO REPARTO DAS PRODUTIVIDADES

15 Nov 2022

É o TSXG quen ratifica a sentenza do Contencioso Administrativo de Ourense

A xustiza condea ó grupo de goberno do concello de Verín por pagar complementos de produtividade sen obxetividade e sen negociación coas centrais sindicais.

Mais outra vez o TSXG ven de condenar ao grupo de goberno do concello de Verín a negociar coas centrais sindicais un criterios obxectivos para o pagamento dos complementos de produtividade e especial dedicación aos/ás empregados/as públicos/as; atribuídos, na actualidade, directamente, sen criterios obxectivos e sen negociación polo Alcalde, Tenente de Alcalde e a concelleira de Persoal a quen eles consideran.

A CIG de Verín-A Limia interpuxera recurso contencioso administrativo contra ise xeito de proceder pola vía de feito do Grupo de Goberno do Concello de Verín, pola dende o ano 2016 ven outorgando mediante Decreto aos traballadores e traballadoras os complementos de produtividade e especial dedicación.
Dito recurso fora acollido polo xulgado no Contencioso Administrativo nº 2 de Ourense, por medio da súa sentenza do 27/11/2021 no seguinte sentido:

- Anulando a actuación do concello por ser constitutiva de vía de feito contraria ao ordenamento xurídico
- Condenando ao ente local a elaborar, negociar e aprobar uns criterios obxetivos para o reparto dos complementos de produtividade e especial dedicación
- Ordenando cesar na actuación material do Alcalde, Tenente de Alcalde e Concelleira de persoal.

Contra a devandita sentenza, o Concello de Verín presentou un recurso de apelación perante do TSXG, que foi rexeitado, confirmando a sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo nº2 de Ourense.

Durante o tempo que mediou entre a publicación da sentenza do Xulgado de Ourense e a publicación do sentenza do TSXG, o grupo de goberno do Concello de Verín continuou a incumprir a súa obriga de elaborar uns criterios obxectivos para o reparto da produtividade e a pagar arbitrariamente tais retribucións; sen atender as obrigas que xa lle impuxera o Xulgado Contencioso de Ourense.

Dende a CIG, ficamos á espera do cumprimento voluntario da sentenza por parte do grupo de Goberno do Concello (que dispón de 2 meses para tal fin). No caso de que nise prazo non se dea cumprimento satisfactorio á Sentenza e se persista en seguer a distribuír o diñeiro público “á carta” e “a dedo” a CIG adoptará novas medidas, sen descartar a denuncia no ámbito da xurisdición penal

Volver