Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE VERIN CREA UN NOVO SERVIZO DE FORNECEMENTO DE ALIMENTOS E MEDICINAS PARA OS CASOS DE EXTREMA NECESIDADE E URXENCIA

17 Mar 2020

Vai dirixido a todas aquelas persoas maiores que vivan soas e/ou teñan mobilidade reducida

Os Servizos Sociais do  Concello de Verín, e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín habilitan un servizo de aprovisionamento de alimentos e medicinas para os casos de extrema necesidade e urxencia.

Este novo servizo extraordinario vai dirixido a todas aquelas persoas maiores que vivan soas e/ou teñan mobilidade reducida para facilitarlles a chegada de produtos de primeira necesidade.

Tanto os usuarios dos Servizos Sociais e de Dependencia do  Concello como os rexistrados nas listas de esperas dos respectivos servizos, foron informados deste servizo.

Se algunha persoa do  Concello de Verín, que sexa maior e estea soa, necesita  este servizo pode chamar ao 988414776 ( Servicos Sociais) de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Volver